• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

As empresas de economía social teñen ata o 1 de outubro para solicitar axudas de ata 5.000 euros

O Concello de Santiago abre mañá, 12 de agosto, o prazo de solicitude das Axudas a Empresas de Economía Social, que poderán pedirse ata o 1 de outubro.

extracto das bases e a convocatoria publicouse no BOP deste martes 11 de agosto. As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e están destinadas á consolidación e o mantemento de pequenas e medianas empresas con forma xurídica de cooperativa, sociedade laboral, centro especial de emprego ou empresa de inserción.

Etiquetas

SUBVENCIONS DESTINADAS A APOIAR AS EMPRESAS DE ECONOMIA SOCIAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA 2026

Establécense as bases reguladoras das axudas a empresas de economía social para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas á consolidación e o mantemento de pequenas e medianas empresas con forma xurídica de cooperativa, sociedade laboral, centro especial de emprego ou empresa de inserción definida como tal segundo o establecido na Lei de Economía.

Resolta a convocatoria 2025 de axudas a empresas de economía social con case 30 entidades beneficiarias

As subvencións a empresas de economía social teñen o obxectivo de consolidar e manter este tipo de entidades, é dicir, cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego ou empresas de inserción. Como na convocatoria anterior, valorouse especialmente a presenza de mulleres e de persoas con discapacidade ou en situación de risco de exclusión nas empresas beneficiarias. 

Entidades beneficiarias

Etiquetas

Rectificación de erro material da resolución da concesión da convocatoria 2025 de Axudas destinadas a Apoiar ás Empresas de Economía Social de Santiago de Compostela

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria celebrada o 19 de xaneiro de 2026 adoptou o seguinte acordo:


Rectificación de erro material no acordo da Xunta de Goberno Local de data 31/12/2025 de concesión das axudas destinadas a apoiar ás empresas de economía
social de Santiago de Compostela para o ano 2025.

Pódese consultar a totalidade do acordo de rectificación no documento adxunto en PDF.

Resolución da concesión da convocatoria 2025 de Axudas destinadas a Apoiar ás Empresas de Economía Social de Santiago de Compostela

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión extraordinaria e urxente celebrada o 31 de decembro de 2025 adoptou o seguinte acordo:

Aprobación da concesión, xustificación e recoñecemento da obriga das axudas destinadas a apoiar ás empresas de economía social de Santiago de Compostela para
o ano 2025.

Pódese consultar a totalidade do acordo no documento adxunto en PDF

O Concello recoñece as boas prácticas das empresas de Santiago nos IV Premios á Excelencia Empresarial

Os IV Premios de Excelencia Empresarial recoñecen as empresas que se teñan distinguido polas súas boas prácticas en seis categorías: conciliación laboral e familiar, economía circular, innovación e comercialización en produtos e servizos culturais , cumprimento dos retos da Axenda 2030, economía social, e boas prácticas en innovación e ciencia ou estratexias para reter o talento.

Etiquetas

Resolución da convocatoria 2025 da Concesión IV EDICIÓN DOS PREMIOS Á EXCELENCIA EMPRESARIAL AXENDA URBANA 2030

A Xunta de Goberno Local do Concello de Santiago de Compostela, na sesión extraordinaria e urxente celebrada o 23 de decembro de 2025 adoptou o seguinte acordo: Aprobación da concesión dos Premios á Excelencia Empresarial Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago de Compostela (IV Edición)

Pódese consultar a totalidade da información da concesión dos premios no arquivo adxunto en pdf

Convocada a V edición dos Premios á Excelencia Empresarial Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago

O Boletín Oficial da Provincia publica este martes a convocatoria da V edición dos Premios á Excelencia Empresarial Axenda Urbana 2030 do Concello de Santiago, que distinguen a empresas destacadas pola conciliación laboral e familiar, a economía circular e a innovación entre outras boas prácticas.

Etiquetas

V EDICIÓN PREMIOS Á EXCELENCIA EMPRESARIAL AXENDA URBANA 2030

O obxecto dos PREMIOS Á EXCELENCIA EMPRESARIAL da AXENDA URBANA 2030 é premiar ás empresas que se tivesen distinguido polas boas prácticas no campo da conciliación laboral e familiar, da economía circular, da innovación, da comercialización en produtos e servizos culturais, dos retos da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela, das boas prácticas de empresas de economía social e tamén, boas prácticas que apostan por reter, atraer ou mellorar o talento.