O escaparate empresarial nace coa vocación de ser un espazo onde poderás coñecer mellor ás empresas do teu entorno máis próximo, e atopar así posibles clientes e provedores.

Creamos un espazo para mostrar a riqueza e diversidade do noso tecido empresarial por medio dun sinxelo buscador no que poderás buscar por nome, por categoría empresarial, por etiquetas de interese e incluso por onde se atopan ubicadas, xa que todas están xeo referenciadas nun mapa.

Se desexas participar no noso Escaparate empresarial a túa empresa debe ter cando menos unha sede física de actividade no Concello de Santiago. Se representas a unha empresa de fóra de Santiago que está pensando en organizar un evento, feira, congreso ou outro tipo de acción dirixida ao público empresarial ou profesionais liberais, podes contactar con cersia@santiagodecompostela.gal e indicarémosche de xeito personalizado a mellor forma de promocionar a túa acción no noso Concello.



Compartir: