III FORO DA ECONOMÍA SOCIAL DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

En prazo de inscrición 01/10/2018

Por terceiro ano consecutivo, e, como apoio e complemento aos Batidos Sinérxicos coa Economía Social que comezaron o pasado mes de xullo, o CERSIA acollerá en Outubro, tamén o segundo xoves de mes 11 de outubro, o III Foro de Económia Social do Concello de Santiago de Compostela "Compostela, territorio da Economía Social"

Economía Social compostela móvese emprender competitividade eusumo

INFODAY H2010

INFODAY H2020: Información práctica para propostas no sector agroalimentario e medio ambiente

En prazo de inscrición 01/10/2018

As novas convocatorias de Horizonte 2020 (H2020), do programa de traballo 2018-2020, para propostas nos sectores de agroalimentación e medio ambiente abriranse proximamente e estarán dotadas cun orzamento de 2,42 billóns de euros. Empresas, universidades e outros axentes galegos terán que estar preparados para competir pola captación destes fondos e consolidar así os bos resultados obtidos nos catro primeiros anos de H2020 (2014-2017), nos que as entidades galegas obtiveron axudas por un importe superior aos 67 millóns de euros.

A esta necesidade responde o Infoday H2020: Información práctica para propostas no sector agroalimentario e medio ambiente, organizado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Axencia Galega de Innovación (GAIN), o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) e a Fundación Empresa-Universidade Galega (FEUGA), que se celebrará o 28/09/2018.

FEUGA

Xornada sobre modelos de xestión na prestación de servizos públicos

En prazo de inscrición 01/10/2018

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela celebrará o vindeiro martes, 2 de outubro, unha xornada sobre “Modelos de xestión na prestación de servizos públicos”. O encontro será inaugurado ás 18:00 horas polo presidente da Cámara de Comercio de Santiago, José Sierra; e o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.

A xornada pretende analizar os diversos modelos que existen para xestionar servizos públicos, máis aínda ante o reaberto debate sobre a recuperación da xestión de prestacións básicas desde o ámbito público.

Cámara

CANLE CONTRACT

VIII semana internacional Contract Galicia

En prazo de inscrición 27/09/2018

O Igape organiza a VIII Edición da Semana Internacional Contract Galicia, que terá lugar no Hotel AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela os próximos días 15 e 16 de outubro.

Como en edicións anteriores, o encontro terá un carácter dinámico, de intercambio de información, de participación e de fomento do networking que favoreza o negocio internacional.

Incluirá DÚAS ACTIVIDADES diferenciadas, ás que as empresas galegas interesadas poderán inscribirse a través da web do Igape, en función do seu perfil:

Xornada inaugural: luns 15 de outubro, de 9.30 a 14.30h

Relatorios e mesas de debate coa posta en común das tendencias e necesidades da Canle Contract a nivel internacional. Prazas limitadas.

Encontros B2B Canal Contract: luns 15 de outubro, de 16 a 19h, e martes 16 outubro, de 10 a 14.30h

Terán lugar no Hotel AC Palacio del Carmen en Santiago de Compostela entre profesionais/industria galega e prescritores internacionais da Canle Contract co obxectivo de favorecer relacións comerciais e xeración de negocio internacional. Non haberá axenda/reunións previamente concertadas. As reunións rotarán de xeito flexible e terán unha duración máxima 20 minutos para favorecer o maior número de contactos e a rotación entre os participantes. Prazas limitadas.

IGAPE

FOMENTO DO TURISMO RURAL

Curso Aproveitamento de Iniciativas do Rural para Fomentar o Turismo

En prazo de inscrición 24/09/2018

Obxectivo xeral:

Mellorar e incrementar a empregabilidade da poboación activa do territorio

Obxectivos específicos:

  • Capacitar aos asistentes nas metodoloxías de traballo de desenvolvemento rural destinadas á revitalización dos municipios rurais.
  • Relacionar as diferentes iniciativas económicas existentes no territorio do GDR Terras de Compostela co sector turístico.
  • Formar aos asistentes sobre experiencias teóricas do desenvolvemento local.

A formación presencial terá lugar na sede da GDR Terras de Compostela: Lugar Cibrán 4. San Xián de Sales. 15885 Vedra. A Coruña

Duración e horario:

  • Horario de mañá (10:00 h – 14:30 h)  1, 3, 5 e 10 de outubro  
  • Horario de tarde (16:00 h – 20:30 h) 2 e 4 de outubro
  • Visita de Estudos a Taramundi (Asturias) (Pendente de concretar data e horario)

GDR COMPOSTELA

Compartir: