Plan Marco de Reactivación Económica Concello de Santiago

WEBINAR Plan de Reactivación Económica do comercio local, autónomos e micropemes.

En prazo de inscrición 26/05/2020

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela  organiza este webminar informativo sobre o Plan Marco de Reactivación Económica do Concello de Santiago no marco das actividades de colaboración conveniadas co Concello de Santiago e o obxectivo de mellorar o coñecemento das liñas municipais de axudas postas en marcha a raíz da crise do COVID-19 polo Concello de Santiago.

COVID-19 comercio emprendedores empresas desenvolvemento autónomos mercados

Servizo gratuito de información, asesoramento e intermediación para ás empresas que necesiten acollerse ás liñas de financiamento e avais

En prazo de inscrición 21/04/2020

O Concello de Santiago de Compostela e a Cámara de Comercio de Santiago porán a disposición do empresariado da súa demarcación un servizo gratuíto de información, asesoramento e intermediación para autónomos e empresas que necesiten acollerse ás liñas de financiamento e avais ( ICO-IGAPE- SGRs- CDTI etc) que se están publicando para facer fronte ao impacto económico derivado da paralización da actividade económica como consecuencia do estado de alarma decretado polo Goberno Central para frear a expansión do coronavirus Covid-19.

COVID-19 comercio emprendedores empresas desenvolvemento autónomos mercados

STARTUP GALICIA

Webinars para loitar contra os efectos da COVID19

En prazo de inscrición 21/04/2020

Corren tempos complicados para as empresas do ecosistema emprendedor galego. A situación deriva do actual estado de alarma levou a moitas delas e ter que deter ou reducir drasticamente a súa actividade. Por esta razón, na primeira semana de confinamento, Startup Galicia fixo un chamamento a toda a comunidade co fin de recoller iniciativas de axuda ao ecosistema e axudar á súa difusión. As iniciativas recibidas están a ser recollidas na sección «Crise do Coronavirus e startups: precisas axuda ou queres axudar?» da web de Startup Galicia.

COVID-19 comercio emprendedores empresas desenvolvemento autónomos mercados

Webinar Liderazgo e comunicación para tempos de crise

En prazo de inscrición 18/04/2020

Neste webinar organizado pola Cámara de Comercio de Santiago de Compostela Marcelo Castelo explicará que debemos e non debemos facer e dicir aos nosos traballadores, clientes e proveedores nunha crise como a que estamos a vivir e comentará de primeira man como está a organizar os gabinetes de crise dos seus clientes. Despois responderá a todas as preguntas dos asistentes nun consultorio telepresencial e en directo que non terá coste algún para os asistentes.

Inscricións aquí

 

COVID-19 comercio emprendedores empresas desenvolvemento autónomos mercados

Compartir: