Plan Marco de Reactivación do Turismo do Concello de Santiago

Convocatoria de Axudas para a mellora e innovación da restauración e hospedaxe compostelá do Plan de Reactivación do Sector Turístico COVID-19 Anticipado de gasto. Anualidade 2020

15/06/2020

Esta liña extraordinaria de axudas que conta cun orzamento inicial de 100.000,00€ ampliables por outros 300.00,00€; ten como meta contribuír á garantir a consecución dos obxectivos e a execución das medidas contempladas tanto no programa “Compostela Móvese 2020 COVID-19” como no “Plan de acción para a recuperación do Turismo na cidade ante a situación provocada polo COVID-19” formulados en función das especiais circunstancias socias e económicas derivadas da crise do COVID19.

Pode consultarse esta convocatoria na Base de Datos Nacional de Subvencións aquí e a publicación no BOP Coruña do extracto das bases da Convocatoria que determina o inicio do prazo de presentación de solicitudes aquí.

O prazo de solicitudes iníciase o día 16 de xuño e remata o día 14 de xullo.

RESUME DA CONVOCATORIA:

Primeiro-- Obxecto

O obxecto destas bases é regular a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para a mellora e innovación da restauración e da hospedaxe compostelás no novo contexto económico derivado da COVID-19, correspondentes á anualidade 2020 no marco do Plan de Reactivación do Sector Turístico aprobado polo Concello de Santiago con motivo da situación derivada da COVID-19.

Os obxectivos específicos destas axudas, que tratan de fomentar a cultura da innovación na restauración e hospedaxe compostelá como ferramenta fundamental para incrementar a súa competitividade empresarial e facilitar a adaptación ao novo contexto económico derivado da COVID-19, son:

  • Promover a implantación de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC).
  • Mellorar as condicións físicas dos locais en cuestións relacionadas coa distribución e funcionalidade dos espazos, a accesibilidade, a sostibilidade e o atractivo comercial.
  • Dotar os establecementos de equipamento e tecnoloxía que melloren a súa competitividade.
  • Implementar procesos de mellora comunicativa.
  • Incorporar ou ampliar o uso da lingua galega.
  • Achegar recursos para atender investimentos e gastos correntes realizados con motivo da situación derivada da COVID-19, e facilitar a recuperación económica do sector da restauración e hospedaxe.

A convocatoria inclúe tres liñas de subvención, compatibles entre si:

-Liña A: axudas para investimentos na adecuación física dos locais, TICs e innovación.

-Liña B: Gastos de comunicación, realizada en lingua galega e/ ou noutros idiomas que contribúan a unha mellor atención da clientela turística recibida no establecemento.

-Liña C: Outros gastos correntes xerados na adecuación dos negocios necesarios por mor da COVID-19

Os gastos subvencionables aparecen relacionados na base cuarta desta convocatoria.

Segundo-- Persoas beneficiarias

Poderán resultar beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, ou sociedades civís, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos:

  • Que a súa actividade principal estea incluída nalgunha das agrupacións ou epígrafes correspondentes á clasificación do imposto de actividades económicas relacionadas no anexo I. establecementos todos eles que foron obrigados ao peche ou á unha notoria restricción da súa actividade pola declaración do Estado de Alarma decretado o 14 de marzo de 2020 por causa da emerxencia sanitaria dada pola pandemia do COVID-19.
  • Que o local sobre o que se realice o investimento ou gasto se atope no municipio de Santiago de Compostela.
  • Ser unha pequena empresa, consonte a definición do Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, (ocupar menos de cincuenta persoas e ter un volume de negocio anual ou balance xeral anual que non supere os dez millóns de euros).
  • Os requisitos deben cumprise no momento da publicación desta convocatoria no BOP.

 

Terceiro--Bases reguladoras.

Bases de ejecución do orzamento do Concello de Santiago de Compostela vigentes, e as bases reguladoras incorporadas a esta Convocatoria.

Cuarto--Cuantía da subvención

. O importe da subvención será o de menor contía entre os dous seguintes:

  1. a) O calculado segundo a aplicación da seguinte fórmula:

Importe da axuda ao proxecto (i) = (orzamento global da liña da convocatoria á que opta) x (puntuación obtida polo proxecto i)/ suma das puntuacións obtidas por todos os proxectos con dereito a subvención na mesma liña.

  1. b) O 80% do importe total do orzamento de gastos.

En todo caso, a contía individualizada da subvención que se outorgue será como máximo de 5.000 € por liña (é dicir, 15.000 € como máximo para o conxunto das liñas, por persoa beneficiaria).

En ningún caso o importe das axudas concedidas ao abeiro desta convocatoria poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia coas concedidas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo total da actividade que vaia desenvolver a persoa beneficiaria.

Quinto: Prazo de presentación de solicitudes e xustificación

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días hábiles e contarase desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOP.

Sexto: Data límite de xustificación

A data límite de xustificación será o 2 de novembro de 2020.

Notas para a cidadanía:

Lea detalladamente as bases completas desta convocatoria dispoñibles para descarga nesta web.

Para calquera consulta ou aclaración sobre as mesmas pode contactar co Servizo de Apoio á Empresa no teléfono 981 542493 e no correo electrónico sae@santiagodecompostela.gal


Prazo:

Segundo as bases da convocatoria, o prazo de presentación de solicitudes de 20 días hábiles iniciarase ao día seguinte da publicación no BOP Coruña do Extracto da Convocatoria.

Ao publicarse este Extracto no BOP Coruña de 15 de xuño de 2020 o prazo de presentación de solicitudes iníciase o día 16 de xuño de 2020 e remata o día 14 de xullo de 2020.


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
COVID-19 RESTAURACIÓN hostelería turismo emprendedores empresas desenvolvemento autónomos mercados