XUNTA DE GALICIA

Contratación de técnicos e técnicas para asesoramento a empresas en situacións conxunturais provocadas polo COVID-19

09/07/2020

Entidades beneficiarias:

Poderán ser beneficiarios destas axudas os organismos intermedios, entendendo por tales:

  • Asociacións empresariais sectoriais ou intersectoriais, e de carácter tecnolóxico.
  • Consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica.
  • Agrupacións industriais empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliadas en Galicia) que representen un colectivo de empresas galegas.
  • Clústers empresariais.
  • Asociacións de persoas autónomas.

Obxecto: facilitar ás pemes e micropemes un asesoramento específico en materias relacionadas con necesidades xurdidas ao fío do escenario socioeconómico do COVID-19 mediante a contratación por conta allea de persoas técnicas superiores e profesionais especialistas en organismos intermedios.

A contía das axudas en concepto de incentivo por persoa contratada establecerase en función da súa titulación e grupo de cotización, segundo a táboa que figura no artigo 9 das bases reguladoras. 

Prazo:

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
XUNTA