IGAPE

Modificación axudas para a redución do impacto Brexit nas empresas galegas con interese no mercado do Reino Unido

26/06/2020

Beneficiarias:

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas que cumpran algún dos seguintes requisitos:

a) Que o Reino Unido sexa un dos seus cinco principais mercados intracomunitarios de exportación/importación.

b) Que exportasen/importasen ao/do Reino Unido máis de 100.000 € nos tres últimos exercicios.

c) Que o Reino Unido supoña un mínimo do 10 % da súa exportación/importación intracomunitaria total.

O gasto máximo subvencionable dos servizos solicitados de acordo co artigo 5 será o seguinte:

a) Pemes: 25.000 €.

b) Grandes empresas: 40.000 €.

De se superaren estes gastos máximos, axustarase o gasto subvencionable a estes límites máximos.

Admitirase unha única solicitude por empresa.

O prazo de execución para a realización dos servizos de consultoría obxecto de apoio iniciarase na data de presentación da solicitude de axuda e rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder o 15 de novembro de 2020 para as solicitudes con accións que se realicen ata esta data, e do 15 de novembro de 2021 para solicitudes con accións que se realicen ata esa data. Estas dúas datas, en cada caso, son as datas últimas admisibles de facturación e pagamento. Dentro deste prazo de execución deberase presentar a solicitude de cobramento. As accións realizadas entre o 16 de novembro de 2020 e o 31 de decembro de 2020 poderán ser imputadas ao 2021.

Prazo:

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación da resolución de convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de outubro de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto apoiar as empresas galegas mediante a realización de servizos de consultoría para a elaboración dun diagnóstico empresarial e/ou un plan de continxencia co fin de minora

Compartir:
IGAPE