XUNTA DE GALICIA

Programa de formación para autónomos en comercio electrónico e novas canles online

14/05/2020

A Xunta de Galicia pon en marcha Autónomos dixitais, un novo programa formativo que pretende reforzar o tecido produtivo galego facilitando a 1200 alumnos o desenvolvemento de competencias en comercio electrónico e novas canles online co obxectivo de mellorar tanto a comunicación cos clientes como o coñecemento dos seus produtos e servizos.

O programa ofrecerá dúas accións formativas online de 50 horas lectivas cada unha centradas na mellora de habilidades no eido da xestión loxística, o márketing, a venda online e a creación de tendas virtuais. En concreto, Fundamentos para a creación dun proxecto de comercio electrónico e Especialista en e-commerce.

As persoas que realizan unha actividade económica por conta propia interesadas nestes cursos poden solicitar a súa praza ata o 22 de xullo cubrindo un formulario web na páxina https://www.autonomosdixitais.com. Os cursos iniciaranse todos os xoves a partir do 21 de maio e o último comezará o 23 de xullo.

Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
XUNTA DE GALICIA autónomos comercio electrónico