GAIN

Inicio da fase de consultas preliminares ao mercado do proxecto Innovaugas

07/05/2020

O inicio da fase de consultas preliminares ao mercado busca que os centros tecnolóxicos ou os grupos de investigación fagan achegas para perfilar as propostas innovadoras á xestión hídrica a través do proxecto ‘Innovaugas 4.0’, dotado con 7 millóns de euros.

Apóstase por impulsar tecnoloxías innovadoras de desinfección e control de efluentes que permitirían a reutilización de augas depuradas, así como a xestión intelixente das estacións de tratamento para reducir o gasto enerxético.

Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
GAIN