Plan Marco de Reactivación Económica Concello de Santiago

Plan ACTIVA EN SEGURO para autónomos, profesionais liberais e microempresas do sector servizos e da industria.

04/05/2020

A crise socioeconómica orixinada pola crise sanitaria do COVID19 ten orixinado unha especial situación de indefensión naquelas empresas que ou ben se viron obrigadas a cesar a su actividade durante o periodo de confinamento ou ben tiveron que cambiar a operativa da mesma reducíndose o nivel de actividade e facturación das empresas como é o caso de moitos autónomos e microempresas do sector servizos e da industria.

Dende o Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago estase dende o inicio da crise informando sobre os cambios lexislativos e os programas públicos de axudas dispoñibles, así como sobre o Plan de transición cara unha nova normalidade.

Dada a extensión no tempo das medidas de confinamento e as distintas fases establecidas no Plan de transición cara unha nova normalidade considérase preciso no marco do programa “Compostela Móvese 2022 COVID19” aprobado en Xunta de Goberno Local de 20 de abril de 2020 reforzar o traballo que se está realizando neste servizo con este plan "Activa en Seguro para autónomos, profesionais liberais e microempresas do sector servizos e da industria" Compostela Movese 2020 COVID19 que axude a este colectivo a encarar as vindeiras semanas ao tempo que se deseñan accións a medio e longo prazo para a súa iniciativa empresarial.

Para dar cumprimento a este obxectivo o Servizo de Apoio á Empresa lanza este “Plan Activa en Seguro" dirixido a autónomos, profesionais liberais e microempresas do sector servizos e da industria con sede fiscal, social e cando menos de un centro de actividade en Santiago de Compostela para a realización dos seus Plans Activa en Seguro personalizados nos que se inclúan as posibles medidas a tomar durante o confinamento, unha vez superada esta fase e a seis meses vista para o mantemento do negocio.

Cada unha das 15 empresas participantes realizará acompañada polo consultor responsable do programa o seu “Plan Activa en Seguro” no que se abordarán cando menos os seguintes aspectos

  1. Análise do impacto do estado da alarma na prestación dos servizos ofrecidos pola empresa. Restricións de operación e alternativas.

Por suposto o impacto desta crise vai a afectar de xeito diferente ás empresas ou profesionais dependendo do sector no que operen e, sobre todo, da actividade que desenvolvan especialmente se as súas actuacións supoñen a agrupación de persoas.

  1. Análise económica do impacto, axudas dispoñibles e marcos de refinanciamento.

Neste sentido, a análise económica e un correcto financiamento a curto prazo resulta fundamental para afrontar a incertidume, os cambios estratéxicos a realizar no negocio e sobre todo para non tomar decisións precipitadas nun momento no que a tensión é máxima.

  1. A prestación do servizo con seguridade.

Moitas empresas non van a ter a capacidade de prestar os seus servizos do mesmo xeito que o facían con anterioridade, incluso aínda que o realizaran cunha alta rendibilidade e isto pode afectar de xeito grave ao seu negocio, polo que terán que reinventarse.

  1. Procesos comerciais en tempo de confinamento. Posicionamento actual e posibilidades de cambio.

O xeito de comercializar os produtos ou servizos pode dun ou doutro xeito ter que mudar ou non, pero non debemos esquecer que estas situación complexas ás veces poden ser tamén momentos de novas oportunidades que calquera empresa ou profesional debe explorar.

  1. Plan de activación a corto prazo.

Para poder actuar a medio e longo prazo é preciso primeiro actuar a curto prazo. Primeiro salvar os escollos que existen no momento actual e asegurar un correcto financiamento da empresa que non provoque rupturas, e levar tódalas medidas propostas á práctica, e despois deseñar e implantar a estratexia global.

  1. Plan estratéxico a medio e longo prazo para o negocio.

Unha vez que a situación a curto prazo está salvada, o foco debe pórse en realizar os cambios que son precisos para un correcto desenvolvemento futuro da actividade, e isto se realiza tras estudar a situación inicial, avaliar os cambios a realizar e os investimentos, no seu caso, e deseñar unha nova folla de ruta estratéxica para levar á actividade á situación desexada.

 

Para a realización das consultorías telemáticas poderase empregar a vía telefónica ou calquera plataforma de videochamada previamente acordada entre a empresa prestataria do servizo e as empresas derivadas á mesma polo persoal técnico do Servizo de Apoio á empresa.

O número de horas de consultoría previsto por cada Plan Activa en Seguro é de 10 horas. As empresas participantes poderán realizar o seu plan empregando menos horas de consultoría das inicialmente previstas. Nese caso o Servizo de Apoio á Empresa poderá habilitar o acceso ao Plan de empresas que inicialmente non foran admitidas no mesmo por falta de prazas.

O servizo de consultoría será prestado por Fernando Piñeiro, consultor de empresas e administración pública con máis de 20 anos de experiencia no ámbito da promoción e desenvolvemento de novas empresas no ámbito do sector público e privado en xestión empresarial, axudas públicas, financiamento, planificación estratéxica e asesoramento a emprendedores/as, como acredita o seu perfil curricular dispoñible para a súa consulta nesta web.

 

Dirixido a:

Autónomos, profesionais liberais e microempresas do sector servizos e da industria con sede fiscal, social e cando menos de un centro de actividade en Santiago de Compostela. No caso de producirse máis inscripcións que prazas dispoñibles con anterioridade ao 9 de maio ás 14:00h terán preferencia no acceso segundo a orde indicada a continuación os seguintes colectivos:

  1. As pequenas e medianas empresas (PEMEs) de menos de cinco traballadores/as.
  2. As pequenas e medianas empresas (PEMEs) de menos de dez traballadores/as.
  3. As pequenas e medianas empresas (PEMEs) de máis de dez traballadores.

A admisión realizarase por orde de inscrición dentro de cada un dos colectivos preferentes, previa verificación dos requisitos esixidos coa documentación que se lle solicitará por correo electrónico.

No caso de non cubrirse as prazas dispoñibles coas inscripcións realizadas antes do 9 de maio ás 14:00h prorrogarase o periodo de inscripción ata completar o numero de prazas sen que rixan con posterioridade a o 9 de maio a preferencia indicada en función do número de traballadores da empresa.


Requisitos:

Inscrición no formulario web desta páxina.


Documentación:

Solicitaráselle por correo electronico a remisión do certificado de facenda que acredite a cotización da empresa no Concello de Santiago, asímo de ser preciso para establecer a prelación no acceso ao programa certificado de número de traballadores.

Unha vez verificado o cumplimento dos requisitos de acceso e pertenza ao colectivos preferentes comunicaráselle a admisión ao programa mediante correo electrónico de confirmación


Custe:

Actividade de balde.


Solicitude:

Formulario web nesta mesma páxina.


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Esta convocatoria permanecerá aberta ata agotarse as prazas dispoñibles na mesma.

Unha vez rematado o prazo inicial de inscripción que se establecera ata o 9 de maio de 2020 a adxudicación das prazas farase por orde de

Compartir:
COVID-19 emprendedores empresas desenvolvemento autónomos mercados