STARTUP GALICIA

Furancho Open Space

21/04/2020

O próximo día venres 24 de abril, pola tarde, Startup Galicia celebrará o Furancho Open Space virtual. Será pola tarde e durará, aproximadamente, 2:30h.

 

En que consistirá e por que me vai interesar? Primeiro, porque todas as persoas que asistades poderedes ser poñentes e asistentes, achegando o voso punto de vista a todos os temas que vos interesen. Segundo, porque os temas a tratar serán os elexidos por todos e todas vós. E terceiro, porque o faremos áxil, en formato de pequenas charlas de 45 minutos, propostas e elixidas por vós. Este é o plan:

  1. Propoñendo ideas: coa entrada poderedes suxerir unha serie de cuestións a debatir dentro do tema “vindeiros retos das startups e empresas TIC en Galicia”.
  2. Democratizando o debate: a vindeira semana enviaremos unhas enquisas para que votedes, de entre todos os temas propostos, os que máis vos interesan.
  3. Organizando charlas: en función dos votos, meteremos as charlas en dous bloques, polo que haberá dúas charlas simultáneas (catro en total). De entre estas dúas poderedes asistir á que máis vos interese.  
  4. O evento: tras a conexión inicial que faremos, compartiremos convosco a programación das charlas e explicaremos como vos podedes sumar ás mesmas.
  5. Sorpresas e networking: ao rematar os tracks teremos una sorpresiña e logo faremos, para quen lle apeteza, un chisco de networking 

Que vos parece? Pinta ben, non si?! De seguro que pasaremos un moi bo rato opinando, compartindo e aprendendo. Entre todos/as, vainos quedar un evento ben xeitoso. Contamos contigo! Isto arranca o 24 de abril as 16:00 a partir dun enlace de Google Meet que vos faremos chegar 

Inscríbete (de balde) aquí: https://www.eventbrite.es/e/entradas-furancho-open-space-online-102886165290

Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
COVID-19 comercio emprendedores empresas desenvolvemento autónomos mercados