EMPRENDEMENTO

Programa de Formación en Tendas Virtuais e Emprendemento

13/04/2020

O programa de “Programa Social Media, Marketing Dixital e Emprendemento” está organizado pola Cámara de Comercio de Santiago, en colaboración coa Fundación Incyde e conta co cofinanciamento do Concello de Santiago e do FSE.

No caso de que con motivo dunha posible prórroga da declaración do estado de alarma non sexa posible o desenvolvemento da actividade de xeito presencial o programa desenvolverase íntegramente de vía streaming a través da aplicación ZOOM.

O obxectivo principal destes Programas Formativos é contribuír á inserción no mercado de traballo a través do Emprendemento de mozos e mozas menores de 30 anos, que nin estudan nin traballan, e que a través dos programas “Constrúe o teu futuro: programas personalizados para emprendemento xuvenil”, aínda que non poñan en marcha a súa propia empresa, a experiencia reportaralles coñecementos e habilidades empresariais esenciais como a creatividade, iniciativa, tenacidade, traballo en equipo, xestión do risco e sentido da responsabilidade. Cualidades valoradas no mundo profesional e que, por tanto, incrementan a súa empregabilidade. 

Programa de Tendas Virtuais e Emprendemento

O Programa de Tendas Virtuais e Emprendemento estará dirixido a mozos e mozas interesadas en mellorar ou consolidar á actividade comercial a través da programación e creación de tendas virtuais. 

A través deste programa, @s participant@s  aprenderán a:  deseñar unha tenda online en Wordpress, coñecer o contexto que rodea o sector da venda na internet, deseñar un plan de marketing online para unha tenda online e, acceder a provedores e recursos valiosos para seguir a aprendizaxe unha vez terminado o curso. 

Custe:

Os programas formativos VIA STREAMING son GRATUITOS previa inscrición na páxina web da Cámara de Comercio de Santiago www.camaracompostela.com


Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
emprendemento Cámara de Comercio mocidade