PRESTAMOS DO INSTITUTO DE CREDITO OFICIAL (ICO) PARA O SECTOR TURISTICO E ACTIVIDADES CONEXAS COVID-19/THOMAS COOK

24/03/2020

Trátase de préstamos destinados ó financiamento de necesidades de liquidez a través da liña ICO empresas e emprendedores, así como proxectos de dixitalización orientados, en particular, a fomentar as solucións de teletraballo recollidos no programa ACELERA PEME (Co fin de axudar a PEMES e autónomos a atenuar o impacto do COVID-19 na súa actividade).

Os préstamos, cunha contía máxima de 500.000 euros, teñen un prazo de amortización de ata catro anos, un tipo de xuro fixo do 1,5%. Poderanse formalizar estes préstamos ata o 31 de decembro de 2020.

 

Os préstamos poderanse tramitar directamente nas entidades financeiras que colaboran nesta liña, e que se recollen na páxina do ICO.

 

Con respecto ó anterior, e para máis información, o enlace á páxina do ICO, é o seguinte:

 

https://www.ico.es/web/ico/ico-sector-turistico-y-actividades-conexas-

 

Por outra banda, para máis información sobre o Programa ACELERA PEME, o enlace é o seguinte:

 

https://acelerapyme.gob.es/

Estado da convocatoria: En prazo de inscrición

Compartir:
turismo ICO ACELERA PYME COVID-19