Compostela móvese pola economía de proximidade

Cursos horticultura biolóxica profesional e economía de proximidade

03/05/2019

Estas accións formativas están dirixidas a persoas con capacidade de producción hortícola para axudarlles a profesionalizar a súa actividade para facer da mesma unha liña de ingresos económicos para o núcleo familiar ao tempo que se mellora a introducción no mercado de productos de horta en Compostela de producto local

Terán preferencia na admisión aquelas persoas emprendedoras no ámbito da producción agroalimentaria, así como aquelas que teñan horta en explotación na actualidade aínda que non sexa con fins comerciais.

HORARIO, DATAS E LUGAR DE CELEBRACIÓN:

  • Primeira edición: sábados 18, 25 de maio e 1, 8 e 15 de xuño en horario intensivo de 9:00 a 14:00 e 16:00 a 21:00. Venres 24 e 31 de maio e 7 e 14 e de xuño en horario de 17:30 a 21:30.  Lugar previsto de impartición: centro cívico de Enfesta.
  • Segunda edición:mércores 22 e 29 de maio; 5, 12, 19 e 26 de xuño e 3, 10 e 17 de xullo en horario de 17:30 a 21:30. Xoves 23 de maio; 6, 13 e 20 xuño de 17:30 a 21:30.Xoves  27 de xuño e 4, 11 e 18 de xullo de 17:30 a 21:00. Lugar previsto de impartición centro cívico do Castiñeiriño.
  • Terceira edición:sábados 22 e 29 de xuño e 6,13 e 20 de xullo en horario intensivo de 9:00 a 14:00 e 16:00 a 21:00. Venres 21 e 28 de xuño e 5 e 12 de xullo en horario de 17:30 a 21:30. Lugar previsto de impartición centro cívico de Marrozos.

PRAZAS DISPOÑIBLES:

Ofértanse 15 prazas  por edición para participar nesta acción formativa. 

 PROGRAMA:

  1. Introdución á economía de proximidade no ámbito da producción de horta. (3 horas)
    1. O consumo como ferramenta de transformación social
    2. Tendencias de consumo de alimentos biolóxicos de proximidade. Experiencias dende a distribución e venda polo miúdo
    3. A relevancia da xeración de confianza mutua: as persoas como compromiso
    4. Conservamos, cultivamos, custodiamos, coidamos
  2. A Agricultura biolóxica: bases agroecolóxicas (8 horas)
    1. Que é a agricultura biolóxica?
    2. Como se fai horta biolóxica ? Por que?
    3. Os conceptos de sustentabilidade e biodiversidade aplicados
    4. Observar e identificar o medio que vamos a traballar
    5. Deseño da horta
  3. Solo e a fertilización (8 horas)
    1. Análise da fertilidade do solo
    2. Características químicas e físicas
    3. O solo como organismo vivo
    4. Realizar unha analítica do solo que se vai a traballar para horta
    5. Preparar o sol: técnica dos bancais.
    6. Aporte de materia orgánica
    7. Aporte abonos naturais minerais
    8. Realizar compost
    9. Coberturas vexetais e aporte de cobertura no solo: técnica do acolchado
  4. Manexo de sistemas de produción vexetal (8 horas)
    1. Rotacións de cultivos
    2. Asociacións de especies vexetais
    3. As sementeiras
    4. Realizar semilleiros
    5. Sementar no terreno definitivo
    6. Trasplantar
    7. Preparar un calendario de cultivos, tendo en conta rotacións e asociacións
  5. A auga (8 horas):
    1. O sistema de rego
    2. A utilización da auga para crear espazos produtivos
    3. Preparación dun sistema de rego
  6. Control de enfermidade e pragas (8 horas):
    1. Recoñecer e identificar as herbas adventicias
    2. Recoñecer e identificar as principais pragas
    3. Recoñecer e identificar os síntomas das enfermidades
    4. Os preparados biolóxicos
    5. Preparación e aplicación de diferentes preparados biolóxicosmantemento da horta (8 horas)
  7. O mantemento da horta (8 horas):
    1. Como manter unha horta biolóxica
    2. Desherbado do terreno
    3. Poda das plantas
    4. Recolección dos productos
    5. Recolección de sementes e preparación para gardalas
  8. Creación de elementos adicionais a horta (8 horas):
    1. Como facer un peche vexetal
    2. Plantas aromáticas e plantas amigas
    3. Recunchos específicos
    4. Identificación de plantas aromáticas e medicinais
    5. Recolección e preparación para conservación de aromáticas y medicinais
    6. Reproducción de plantas e esqueixado
  9. Bioapicultura (3 horas):
    1. Importancia da apicultura na natureza e na horta: a polinización e a fecundación como base da produción hortícola
    2. O enxame como superorganismo
    3. Manexo básico para unha apicultura sen tratamentos sintetizados. Resultados do proxecto MENA de investigación en apicultura
  10. Comercialización e lexislación sobre a produción biolóxica certificada (4 horas):
    1. Lexislación en agricultura biolóxica
    2. Cousas a ter en conta para montar unha explotación de horta biolóxica certificada
    3. Comercialización
Dirixido a:

Terán preferencia na admisión aquelas persoas emprendedoras no ámbito da producción agroalimentaria, así como aquelas que teñan horta en explotación na actualidade aínda que non sexa con fins comerciais.

As prazas asignaranse por orde de inscrición dentro dos colectivos preferentes. No caso de existir prazas dispoñibles non cubertas por estes colectivos poderán participar persoas desempregadas e estudantado, tamén respetándose a orde de inscrición dentro deste colectivos.


Requisitos:

Inscrición no formulario web desta mesma páxina.

O prazo de inscrición rematará para a edición 1 o 14 de maio ás 14:00h, para a edición 2 o 16 de maio ás 14:00h e para a edición 3 o 17 de xuño ás 14:00h


Custe:

Actividade de balde


Estado da convocatoria: Resolto

Compartir:
horta; agricultura; biolóxica; emprendemento; proximidade