Plan Marco de Reactivación do Turismo do Concello de Santiago

Publicación de listaxes provisionais de persoas beneficiarias Convocatoria de Axudas para a mellora e innovación da restauración e hospedaxe compostelá do Plan de Reactivación do Sector Turístico COVID-19 Anticipa

31/07/2020

 

Dando cumplimento ao establecido no punto 9º das bases reguladoras  da Convocatoria de Axudas para a mellora e innovación da restauración e hospedaxe compostelá do Plan de Reactivación do Sector Turístico COVID-19 Anticipado de gasto. Anualidade 2020

Publícase en documento anexo para descarga e para xeral coñecemento RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA RELATIVA Á PUBLICACIÓN DE LISTAXES PROVISIONAIS DE PERSOAS BENEFICIARIAS, EN AGARDA E EXCLUÍDAS DA CONVOCATORIA unha vez recibidas e analizadas as solicitudes presentadas con base no informe emitido pola Oficina de Promoción Económica como departamento instructor do procedemento con data de 31 de xullo de 2020 logo da análise das 186 solicitudes formuladas (104 para a liña A, 25 para a liñaB e 57 para a liña C)

Listaxe A). Listaxe de persoas propostas como beneficiarias.

Deberán presentar, no prazo de dez días hábiles e polos mesmos medios indicados na base 6ª, os documentos en formato orixinal ou copia compulsada que se indican a seguir, xunto co modelo do anexo III. De non o facer, entenderase que desisten do seu pedimento e ditarase unha resolución neste sentido nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015 de procedemento administrativo común.

- Alta no réxime de autónomos das persoas promotoras.

- Escritura de constitución da sociedade mercantil, se é o caso

- Certificado de situación censual emitido pola Axencia Tributaria do Estado.

- NIF da persoa física ou xurídica. Se se trata dunha persoa xurídica achegarase tamén o documento de identidade da persoa que posúe a representación da sociedade e o documento que acredite esta representación.

- Certificados de estar ao corrente nos pagamentos coa Seguridade Social, a Axencia Estatal da Administración Tributaria e a Xunta de Galicia. Comprobarase de oficio que a persoa solicitante está tamén ao corrente co Concello de Santiago. Estes certificados só terán que achegarse se a proposta de subvención é igual ou superior a 3.000 €.

- Documentación acreditativa do número de persoas empregadas na empresa (RNT e RLC) o mes anterior á presentación da solicitude ou, se é o caso, certificación da Seguridade Social de que non existe persoal empregado.

- Se é o caso, certificado expedido polo órgano competente que acredite formar parte dunha asociación empresarial.

As persoas incluídas na listaxe de posibles beneficiarias cuxas solicitudes presenten defectos deberán emendar o que se indique dentro dos mesmos dez días de prazo para presentar a documentación anterior, que, así mesmo, deben achegar. De non o facer, entenderase desisten do seu pedimento e ditarase unha resolución neste sentido nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015 de procedemento administrativo común.

Listaxe B). Listaxe de agarda.

Para o caso de se presentaren máis solicitudes das que poden ser atendidas coa dotación prevista, unha vez ordenadas segundo os criterios destas bases, formarán esta listaxe aquelas susceptibles de seren propostas como beneficiarias se se producen baixas na listaxe A). De se producir esta circunstancia seralles notificada individualmente.

Listaxe C). Listaxe de solicitudes rexeitadas por non cumpriren os requisitos da convocatoria para os efectos de que, se así o consideran, poidan formular alegacións no prazo de dez días hábiles.

 

As persoas incluídas na listaxe de posibles beneficiarias cuxas solicitudes presenten defectos deberán emendar o indicado en cada caso dentro dos mesmos dez días de prazo para presentar a documentación anterior, que, así mesmo, deben achegar. De non o facer, entenderase desisten do seu pedimento e ditarase unha resolución neste sentido nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015 de procedemento administrativo común.

Se á vista da análise da documentación aportada algún dos datos achegados no momento da solicitude inicial resultara non ser certo, na resolución definitica poderá alterarse a puntuación inicialmente asignada nesta listaxe provisional.

Ao publicarse esta listaxe con data 31 de xullo de  2020, o prazo de dez días hábiles iniciarase o día 3 de agosto de 2020 e rematará o día 14 de agosto de 2020.

 

Compartir: