Plan de Reactivación da actividade turística

Publicación do extracto da convocatoria de axudas á hostelería no BOP Coruña de 15 de xuño de 2020

15/06/2020

Con data 15 de xuño de 2020 publícase no BOP Coruña o extracto da

Convocatoria de Axudas para a mellora e innovación da restauración e hospedaxe compostelá do Plan de Reactivación do Sector Turístico COVID-19 Anticipado de gasto. Anualidade 2020

Segundo o establecido nas bases desta convocatoria o prazo de presentación de solicitudes de 20 días hábiles iniciarase ao día seguinte da publicación no BOP Coruña do Extracto da Convocatoria.

Ao publicarse este Extracto no BOP Coruña de 15 de xuño de 2020 o prazo de presentación de solicitudes iníciase o día 16 de xuño de 2020 e remata o día 14 de xullo de 2020.

Compartir: