APRENDIZAXE E SERVICIO NA UNIVERSIDADE

Aprendizaxe-Servizo no eido do Desenvolvemento Local

Aprendizaxe-Servizo no eido do Desenvolvemento Local
16/07/2018

A metodoloxía de aprendizaxe-servizo unha proposta educativa innovadora, que combina procesos de aprendizaxe co servizo á comunidade nun só proxecto ben articulado, no que as persoas participantes melloran os seus coñecementos e habilidades ao traballar sobre necesidades reais da súa contorna próxima co obxectivo de mellorar a situación actual. O vindeiro 18 de xullo ás 12 h. no Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais terá lugar a presentación do proxecto "Universidade, Sociedade e Desenvolvemento. Aprendizaxe-Servizo no eido do Desenvolvemento Local". O acto é libre e gratuito.

Economía Social aprendizaxe servicio USC

Ler máis

O Concello de Madrid aposta pola reserva de mercado e dá o seu apoio ás empresas de inserción

O Concello de Madrid aposta pola reserva de mercado e dá o seu apoio ás empresas de inserción
11/07/2018

O Concello de Madrid anunciou que quere reservar a determinadas organizacións o dereito para participar nos procedementos de licitación dos contratos de servizos de carácter social, cultural e de saúde, cuxo obxectivo sexa a realización dunha misión de servizo público, cuxos beneficios se reinvistan e cuxas estruturas de dirección ou propiedade da organización baséense na propiedade das persoas empregadas, ou en principios de participación, ou esixan a participación activa destas persoas. As condicións para este procedemento de reserva de mercado están definidas na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.

Economía Social economía social innovación RESERVA empresas. mercados contratación

Ler máis
Compartir: