A Xunta de Goberno Local aproba un abano de medidas para aliviar a carga fiscal de familias e empresas

A Xunta de Goberno Local aproba un abano de medidas para aliviar a carga fiscal de familias e empresas
25/03/2020

  • O Concello de Santiago, co obxectivo de aliviar a carga fiscal das familias e empresas compostelás, adoptou un abano de medidas das que deu conta o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo despois da Xunta de Goberno. As propostas están relacionadas co IBI, coa taxa de lixo, e coa taxa de dominio público por mesas e cadeiras, e cos prezos públicos das escolas infantís e da Escola Municipal de Música. Tamén se acordou, mentres dura o estado de alarma, non cobrar os recibos das escolas infantís municipais e da Escola Municipal de Música, que continúa co servizo on-line.
  • Ademais, deuse orde de continuidade a distintas empresas que prestan servizos ao Concello garantindo así a prestación do servizo e a continuidade do emprego.

COVID-19 comercio emprendedores empresas desenvolvemento autónomos mercados

Ler máis

O Concello garante xa a continuidade de máis do 90% dos contratos municipais

O Concello garante xa a continuidade de máis do 90% dos contratos municipais
25/03/2020

 

  • Garántese así a continuidade da prestación dos servizos e o mantemento do emprego.
  • A Xunta de Goberno Local celebrou este mércores unha sesión extraordinaria, na que avaliou a crise sanitaria do COVID-19 e na que se adoptaron diversos acordos de validación de contratos de emerxencia en relación a esta situación.
  • Entre eles, ratificáronse os contratos de subministración de produtos de alimentación e de hixiene básica con varios supermercados da cidade. Deste xeito, as familias que o precisen poden facer uso destes tíckets especiais de compra nos establecementos adheridos a esta campaña de emerxencia, que estarán debidamente identificados. As persoas que o precisen poden obter estes tíckets chamando ao teléfono 010

COVID-19 comercio emprendedores empresas desenvolvemento autónomos mercados

Ler máis

A ORA será gratuíta en todas as zonas da cidade, excepto na contorna da Praza de Abastos

A ORA será gratuíta en todas as zonas da cidade, excepto na contorna da Praza de Abastos
23/03/2020

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, anunciou hoxe varios acordos para facer fronte a crise económica provocada polo COVID19, entre eles a gratuidade, a partir de mañá martes, de todas as zonas ORA do termo municipal, excepto os aparcamentos situados na contorna da Praza de Abastos. En total manteranse, explicou, 101 prazas de pago, 17 delas de uso compartido para carga e descarga, nas zonas de Virxe da Cerca, Travesía da Universidade, Fonte Seca, Entrepraciñas, praza da Universidade, Mazarelos e San Fiz de Solovio.

COVID-19 comercio emprendedores empresas desenvolvemento autónomos mercados

Ler máis
Compartir: