23,5 M€ ao Plan de dixitalización do comercio e as pemes
A Xunta activa o Plan de transformación dixital das pequenas e medianas empresas e o comercio galego, dotado con 23,5 millóns de euros.
COMPETENCIAS DIXITAIS
Competencias dixitais para fuxir do desemprego

A CEDEFOP, xunto con diferentes organismos europeos, coinciden en que nas próximas décadas o 90% dos postos de traballo requirirán algún tipo de competencia dixital. Se observamos o panorama actual, o 45% da poboación non activa, e o 37% das persoas traballadoras europeas non teñen as habilidades dixitais suficientes para conseguir un traballo ou outro de maior responsabilidade.
emprego habilidades desemprego cualificacións dixitalización
DESEÑANDO AS FÁBRICAS DO FUTURO
O deseño das fábricas do futuro require novas mentalidades

As empresas industriais deberían considerar contratar perfís distintos aos que afán. Segundo un estudo recente de PwC, o 89% das empresas do sector cren que a dixitalización vai demandar contratar a novos e novas profesionais. Con todo, un 81% declarou estar a ter dificultades para atopar os candidatos e as candidatas coa cualificación adecuada. Quizá o problema está en que non están a buscar no sitio adecuado...
fabrica diseño manufactura dixitalización cualificacións estudantes
MERCADOS DA ENERXÍA POLO MIÚDO
Oportunidades nos mercados de enerxía polo miúdo

No sector de comercialización de enerxía, a facilidade de cambiar de provedor en liña, así como unha maior transparencia sobre os prezos ofrecidos, está a aumentar as taxas de deserción e acurtando a duración das relacións cos clientes. Aínda que o prezo é o factor determinante, unha mala experiencia co persoal do centro de chamadas tamén pode provocar que os consumidores revisen os seus contratos enerxéticos vixentes. En 2016, ao redor do 10% dos consumidores alemáns cambiaron os provedores de electricidade, en comparación con menos do 6% en 2010.
enerxía dixitalización eficiencia comercializació ofertas prezos
WI-FI NA PRAIA
As praias de Benidorm ofrecerán wifi gratis a 20.000 usuarios simultáneos

O número de conexións anuais á rede wifi implantada nas praias de Benidorm achegarase aos dous millóns, segundo o cálculo realizado pola empresa que instalou este servizo. A rede permitirá a navegación por internet a alta velocidade de forma simultánea a uns 20.000 usuarios.