USOS DA MADEIRA EN LUGAR DO PLÁSTICO

Produtos sostibles de orixe forestal

Produtos sostibles de orixe forestal
31/12/2018

A madeira pode ser unha excelente materia prima para reducir o consumo de plásticos. Gran parte dos obxectos que utilizamos na nosa vida cotiá son, agora, de plástico, que conseguiu substituír con éxito a outros materiais máis tradicionais. Podemos utilizar bolsas de papel como substituto das bolsas de plástico; podemos empregar utensilios de cociña de madeira; tamén cepillos de dentes de bambú; os xoguetes de madeira están a converterse en tendencia e ata a construción incrementou o uso da madeira como material básico de construción.

madeira cociña sostibilidade sustentabilidade forestal xestión.

Ler máis

ESTRATEXIA NACIONAL DE ECONOMÍA SOCIAL 2017-2020

Plan Integral de dinamización e promoción do consumo de madeira

Plan Integral de dinamización e promoción do consumo de madeira
22/10/2018

Os principais serradoiros de coníferas galegos, asociacións de propietarios forestais, viveiristas, empresas de servizos forestais, empresas de 1ª e 2ª transformación, almacéns e gran distribución, estudos de arquitectura, enxeñerías e universidades asinan un acordo de colaboración  A Cidade da Cultura acolle o vindeiro martes, 24 de outubro, a Xornada “Plan Integral de dinamización e recuperación de montes de coníferas e de promoción do consumo de madeira de Galicia”. No marco desta cita asinarase un acordo para o impulso do piñeiro en Galicia. Este convenio compromete, libre e voluntariamente, a desenvolver un plan de traballo que persegue, fundamentalmente, tres obxectivos: recuperar a superficie dedicada a coníferas en Galicia; mellorar as masas existentes e promover o consumo de madeira de conífera galega.

coníferas PIÑEIRO madeira emprego forestal monte

Ler máis

FINSA e a Asociación Forestal de Galicia acordan un plan para revalorizar o piñeiro

FINSA e a Asociación Forestal de Galicia acordan un plan para revalorizar o piñeiro
17/07/2018

A Asociación Forestal de Galicia e a empresa FINSA, líder en España e en Galicia na transformación de madeira de coníferas, asinaron un acordo polo que se comprometen a impulsar e liderar un plan de revalorización dos montes de piñeiro de Galicia. Ambas as partes identifican unha gran oportunidade de mercado en Europa para a madeira de piñeiro, cun incremento importante da demanda actual e futura, especialmente por parte das grandes superficies comerciais, e dos sectores dos equipamentos e da construción, dentro dun contexto xeral de revalorización da madeira como un elemento construtivo sustentable e respectuoso co medioambiente. Sen embargo, os baixos prezos da madeira de piñeiro dos últimos anos provocaron que as plantacións de piñeiro en Galicia foran perdendo terreo fronte a outras especies.

PIÑEIRO madeira selvicultura

Ler máis
Compartir: