Compostela Móvese

Sánchez Bugallo asistiu ao acto de entrega dos premios Argos

17/07/2020 O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asistiu este venres no Pazo de Fonseca ao acto de entrega da VII edición dos premios Argos – Creando equipos emprendedores, da USC. Esta convocatoria pretende conformar equipos interdisciplinares de persoas emprendedoras, ás que se lles facilita acompañamento e asesoramento no proceso de definición dunha idea de negocio, ademais de avaliar a súa capacidade para chegar a constituír un proxecto empresarial convincente

Lugo, Santiago de Compostela BioPher e Sensa Comunicación foron as dúas propostas gañadoras da sétima edición do programa Argos para a creación de equipos emprendedores. Na presenta edición concorreron un total de oito equipos, cinco na modalidade Spin e os tres restantes na de Enxeño.



Compartir:
emprendemento Universidade de Santiago mocidade