PROMOCIÓN DO EMPRENDEMENTO UNIVERSITARIO

Seis proxectos da USC reciben 11.000 euros en premios para afianzarse como empresas

27/11/2017 Premios económicos por valor de 11.000 euros e a posibilidade de beneficiarse durante seis meses dos servizos de  Emprendia permitirán aos seis grupos gañadores do  XVI Concurso de  Proxectos  Empresariais Innovadores da USC afianzarse como empresas e poñer os seus avances ao servizo da sociedade. 

Os gañadores foron  HGBeyond, que fabrica lentes de contacto medicalizadas;  Biorecovery, centrado na industria agroalimentaria e a posta en valor de fertilizantes agrícolas a partir dos residuos de sangue dos matadoiros;  Pharmatox- Lab, que ofrece un importante avance nas análises das ciencias forenses e as toxicoloxías; E- Wear  Technologies, que pretende comercializar un reloxo intelixente que avisa sobre a medicación de persoas de avanzada idade ou con enfermidades  neurológicas;  Ayeconomics, especializada na posta en marcha de políticas novas para cuestións  socieconómicas, e  Coeduca, que implanta plans de igualdade na educación con metodoloxía finlandesa.

Ligazóns relacionadas



Compartir:
emprendemento tecnoloxía universidade